“Falou pero non viu”

“Falou pero non viu”

05 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmouse "en todas e cada unha das palabras que pronunciou na rolda de prensa do pasado luns, na que situou 1999 como o ano no que "viu" por última vez ao narcotraficante Marcial Dorado. Asegurou que as súas explicacións son "compatibles" coas afirmacións realizadas publicamente polo xuíz José Antonio Vázquez Taín, quen constatou a existencia de "con

Polo demais, o presidente remitiu aos xornalistas á comparecencia que protagonizará o próximo mércores na Cámara autonómica. Xa que logo, aforrou comentarios novidosos e limitouse a repetir palabra por palabra o seu argumento do pasado mércores: que a infamia organizada na súa contra rematou.

Pero hai quen considera que as explicacións de Feijóo seguen sen resultar convincentes. O secretario xeral de Compromiso por Galicia (CXG), Xoán Bascuas, manifestou que ten "indicios e sospeitas" de que "algunha empresa de Caldas" fornecía gasóleo aos hospitais da provincia de Pontevedra e, en concreto, ao provincial da capital. Foi por iso que demandou que o presidente da Xunta clarexe as subministracións a ese centro hospitalario nos anos 90, ante a posibilidade de que o negocio fose a parar a algunha empresa vinculada a Marcial Dorado, o narcotraficante ao que frecuentou nos anos 90. Segundo Bascuas "é ben sabido que Marcial Dourado participaba en empresas dedicadas ao abastecemento de petróleo".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que José Antonio Vázquez Taín, o xuíz que encarcerou ao condenado por narcotráfico Marcial Dourado, "falou e a infamia terminou". Dixo logo de que o xornal “El Mundo” publicase unha entrevista co citado maxistrado, na que este sostén que non houbo indicio delituoso algún contra o agora xefe do Executivo galego, que en 2011 algúns xornalistas xa lle preguntaron polas fotografías que a pasada fin de semana publicou El País, e que non houbo incautación destas instantáneas. Así as cousas, Núñez Feijóo aproveitou un acto público en Vigo para dar por clausurada a polémica arredor da súa relación co narcotraficante e contrabandista.

O narcotraficante Marcial Dorado asegurou a un dos seus avogados, co que este xoves se entrevistou no cárcere salmantino de Topas, onde cumpre condena por un delito contra a saúde pública, que "desde o ano 98 non mantivo" ningún contacto "nin persoal nin telefónico" co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. De feito, en declaracións concedidas a Europa Press, e á pregunta de que lle trasladou Marcial Dorado no seu encontro na prisión, o avogado José Antonio Tuero sinalou que lle confirmou o que manifestara o señor Feijóo" e que "non tivo unha relación persoal estreita", senón que se coñeceron por "outra persoa". Dorado ten pendente un xuízo por branqueo de capitais para o que a Fiscalía non elevou aínda o escrito de cualificación.
Ademais, tamén está pendente o recurso ante o Tribunal de Estrasburgo pola condena, de dez anos, polo delito contra a saúde pública. Sobre a resolución desta petición, o seu avogado sinalou que descoñece en que prazo podería resolverse.

Sociedade