“Fernando en Ferrari, la fábrica de sueños” (La Sexta, 21.30 h.)

“Fernando en Ferrari, la fábrica de sueños” (La Sexta, 21.30 h.)

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Oremos todos pola alma pecadora de Antonio Lobato. Que o presentador da Fórmula 1 subscribiu nalgún momento do ano o contrato favorito do presidente da patronal, Gerardo Díaz Ferrán, o contrato mefistofélico é un feito innegable. A alma e a frondosidade capilar do xornalista están nalgunha caixa do sétimo círculo do inferno a cambio de que a temporada nos deporte dos bólidos sexa a mellor en moito tempo. Foi o ano pasado un páramo

La Sexta, a canle que arrebatara os dereitos da competición e ao seu presentador estrela a Telecinco, sentiuse estafada e, orfo Alonso dun gran rival ou de posibilidades de vitoria, os índices de audiencia caeron tras moitos anos de captación de conversos a ese deporte para geeks que é o das carreiras de velocidade. Mais nalgún momento dos últimos meses, Antonio Lobato matou unha cabra, bebeu o seu sangue dentro dunha estrela de sete puntas pintada no chan e proferiu unhas palabras nunha lingua xa esquecida que só coñecen as serpes. Agora de seguro que non hai xa humanidade baixo ese cranio lirondo, pero a cambio Alonso está en Ferrari; os dous últimos campións do mundo, os dous británicos, comparten equipo e rivalidade; o mito Schumacher volve a un equipo alemán; e ata tres pilotos españois sentan nun volante. O cóctel para rebentar o share das fins de semana está servido e a cadea de Mediapro celébrao cunha reportaxe exclusiva titulada “Fernando en Ferrari, la fábrica de sueños”, que sirve de petisco ao inicio da competición este domingo. Emítese ás nove e media da noite.

Deportes