“Final da Copa do Rei de Fútbol” (TVE, 22 h.)

“Final da Copa do Rei de Fútbol” (TVE, 22 h.)

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O maior antagonismo que podía presentar o fútbol no momento presente non era, tal e como se demostrou, o derby entre o Real Madrid e o Barcelona. Onde realmente existe un conflito transcendente é no encontro desta noite que disputan o equipo catalán e o Athletic de Bilbao para gañar a Copa do Rei. No céspede de Mestalla non coliden 22 futbolistas cun balón polo medio, senón dous universos tan afastados entre si como a lúa e o sol e que, por incr

Comparacións pódense debuxar as que se queiran para explicar as diferenzas entre o Barça e o Athletic, sendo a máis simple a que fala dos protagonistas de A Bela e a Besta, máis cómpre lembrar que naquela fábula todo xiraba arredor dunha historia de amor, e esta noite o único bico será o dos capitáns antes do sorteo de campo. Logo seguiralle un berro atávico e dúas tradicións futbolísticas tiraranse unha ao pescozo da outra. Sobre o papel todo parece unha cacería deseñada polos leóns vascos para ameazar as gráciles extremidades das gacelas catalás e reeditar as caricias entre Goikoetexea e Maradona de hai 25 anos, pero, como xa teño defendido algunha vez que outra, se o fútbol existe é enfeitiza masas é pola imprevisibilidade. Así que non se pode desbotar que Toquero enganche unha chilena dende fóra da área por máis que a súa coordinación corporal o faga bioloxicamente imposible. Este e outros misterios, como o morbo político de saber que farán as afeccións cando soe o himno español antes do partido, revelaranse na final da Copa do Rei que TVE emite ás dez da noite.

Deportes