“Flashmob” na Praza Verde de Perlío

“Flashmob” na Praza Verde de Perlío

20 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Abraiados quedaron este mediodía os veciños/as que paseaban pola céntrica praza do Ameneiral. Ao redor das doce, os 120 rapaces e rapazas que están a participar no programa Verán Máis Alá do Concello de Fene protagonizaron un flashmob (acción organizada na que un grande grupo de persoas se reúne de súpeto nun lugar público, realiza algo inusual e logo se dispersa rápidamente). Os pequenos e pequenas bailaron ao son d

O “Verán Máis Alá” é un programa lúdico-educativo infantil para a conciliación da vida familiar e laboral”, organizado pola Concellería de Cultura e Deportes. Nesta edición os nenos están a traballar sobre as artes, a música e a expresión corporal.

Sociedade