“Imos transformar as maiorías amplas en absolutas”, reta Rodríguez Miranda á oposición de cara ás municipais

“Imos transformar as maiorías amplas en absolutas”, reta Rodríguez Miranda á oposición de cara ás municipais

27 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os efectos da cicloxénese Xynthia tamén se deixan sentir na política. O PPdeG decidíu esta tarde adiar o acto conmemorativo programado para o domingo no que ía festexar a victoria nas pasadas eleccións autonómicas do 1 de marzo de 2009. O aniversario ía contar coa presenza en Santiago do líder do PP no País Vasco, Antonio Basagoiti, e do presidente estal da forza conservadora, Mariano Rajoy, dispostos a achegarlle os seus parabéns

“Imos a polo triplete”, avisou cun símil futbolístico o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, confiando en que conseguirán unha nova victoria electoral en clave local e tamén estatal para culminar o cambio iniciado en Galicia co retorno á Xunta. O portavoz popular afirma que tentarán convertir as “maiorías amplas” que teñen nas cidades galegas -pero que non lles abondan para gobernar- en “maiorías absolutas”.

“Repetir e mellorar” é o propósito que se marcan os socialistas. “Xa gobernamos ao 70 por cento dos galegos e galegas”, fachendea a voceira do PsdeG, Mar Barcón, lembrando a forza socialista nas alcaldías das principais cidades e vilas de Galicia. Barcón coida que “fronte á paralise en investimentos da Xunta”, agora “son os concellos os que manteñen o pulso do país” e dende eles, afirma, “o PsdeG axuda ás familias a saír da crise”.

A crise económica é “o primeiro problema de Galicia”, segundo o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen coincide cos socialistas á hora de denunciar “inacción” por parte do Goberno galego. O Bloque coida que os bos resultados autonómicos do PP non teñen por que repetirse a nivel local. Despois dun ano na Xunta, “a cidadanía non ten nada que festexar”, declarou Vázquez en referencia ás celebracións programadas polos populares.

Institucional