“Koruño, legado de Hércules”, buah chorbos, que bo!

“Koruño, legado de Hércules”, buah chorbos, que bo!

05 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Buah, neno, viches ao jicho ese que cachou a policía? É o trapis do barrio. Mimá”. Estas frases forman parte da xerga urbana empregada nalgúns barrios coruñeses denominado “koruño”. Un dialecto propio que xurde na Coruña hai dúas décadas entre os máis xóvenes e que forma  parte do patrimonio e sinal de identidade da cidade. Neste diccionario atopamos palabras como “puriles”( persoas ma

¡Isto hai que difundirlo a dolor! ¡Que nos meten un fotón!, dirían en Koruño e a iso imos. “Koruño, legado de Hércules”, supón o resultado dun traballo práctico de 30 alumnos entre 20 e 60 anos para coñecer desde dentro o mundo do audiovisual. Cun guión propio e tras pequenas píloras en facebook e internet, a súa difusión convertiuse nun fenómeno social e espertou moita expectación. A cinta, en clave de humor, inclúe ao Director da Real Academia do Koruño aportando o seu coñecemento do dialecto. Imáxenes surrealistas dunha biblia escrita en koruño atopada debaixo das páxinas amarelas do Arquivo de Galicia. A curta reflicte tamén a disputa sobre a procedencia do Koruño entre os barrios de Labañou e o de Monte Alto.

O director do documental, Daniel López Montero, amosouse, en Radiofusión, moi contento co resultado do obradoiro e agradeceu a participación dos actores, xentes profesionais do humor, xornalistas e caras coñecidas da TVG. “É un dialecto pegadizo e o equipo no segundo día de rodaxe xa falabamos o koruño” sinalou.

A sintonía da cinta é “Buuu nenooo” do monologuista Víctor Grande, a canción do verán en Coruña. A mediados de xullo será a estrea do documental, a poder ser, no Teatro Rosalía a semellanza do programa de Buenafuente. Frakasados de Antemano e Víctor Grande porán a nota musical do acto e todo o equipo técnico chegará á gran gala no autobús número 12 de Coruña. “Nada de limousinas”.

López Montero explicou que “toman con humor un feito social real tan extrapolable que a ninguén lle estrana que lle pidan unha “garimba” por unha cervexa”. Un fenómeno social, o koruño, totalmente instalado. Buah chorbos, que bo!

Sociedade