“La Estanquera de Vallecas” (La 2, 22 h.)

“La Estanquera de Vallecas” (La 2, 22 h.)

15 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Xa case non hai estancos, e agora que os negocios de prensa poden volver despachar o tabaco, a lóxica di que continuará a extinción. Moitos dos que quedan son lugares temáticos dedicados ao lecer do fumador, que ademais de paquetes venden máquinas de liar, cortapuros, pipas e todo tipo de trebellos para sofisticar un comportamento, o do fumador, que grazas ao cine sempre foi glamuroso de seu. Pero as tendas que xa case non se ven son aqueles quioscos unipersoais, met&aacut

Enma Penella como a responsable do despacho, e Maribel Verdú, como a súa sobriña Ánxela, reinventan a síndrome de Estocolmo cando Leandro e Tocho deciden asaltar o estanco e secuestrala. Como nas parábolas do cazador cazado, aquel roubo enléase máis da conta e ao cabo do tempo os ladróns pregúntanse se non son eles os raptados pola inaccesible estanqueira. O filme de Eloy de la Iglesia, ademais de presentarnos á mítica Verdú, foi un dos máis celebrados do seu tempo. A min acórdame tanto como aquel estanco na rúa da Estrela da miña cidade no que estaba chantado o búnker da alcumada Perexila, viúva do Perexil, todo un carácter que asexaba aos que por diante do seu pequeno refuxio pasabamos. Era trasnada común amagar con mercar unha lambonada e acabarlle pedindo unhas gomas de mascar de sabor perexil para que entrase en erupción, que pouco lle faltaba botar o quiosco metálico ao lombo para perseguirte. O eloxio dos estancos pode continuar revisitando “La Estanquera de Vallecas” que se emite ás dez da noite.

Cultura