“Lara Croft: Tomb Raider” (La Sexta, 21.30 h.)

“Lara Croft: Tomb Raider” (La Sexta, 21.30 h.)

01 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Na serie de videoxogos aos que lle dá nome, a exploradora Lara Croft é unha temeraria aventureira que viaxa por ruínas ancestrais de todo o mundo na procura de obxectos místicos, arriscando a vida e a inmaculada composición dun físico que sublima un ideal sexual de curvas imposibles grazas á arquitectura irreal que permiten os deseños de polígonos en tres dimensións e as texturas xerados polos computadores. Para o gran público, o q

A min a Jolie nin me presta demasiado como actriz, nin tampouco como mito sexual, porque tanta exuberancia resulta difícil de encaixar. Antes si me gustaba como personaxe do novo Hollywood, cando fachendeaba de tatuarse textos cabalísticos, practicar o sexo con tesoiras e coitelos, e alternaba con Billy Bob Thornton. Pero a súa transmutación en Mia Farrow do século XXI, previo matrimonio con celebridade e adopción de toda un xardín de infancia ao que leva en procesión durante as súas misións humanitarias, facendo aparicións mesiánicas en festivais de cine, estalle a matar o sex-appeal a velocidade de cruceiro. O último é que a teremos de veciña, porque disque se lle meteu na cabeza criar aos fillos en Portugal.

Sabendo todo isto, profanar pirámides buscando tótems sagrados entre acrobacias e refachos de metralladora, non resulta algo tan do outro mundo, e iso é o que fai en “Lara Croft: Tomb Raider”, a película que emite La Sexta ás dez e cuarto.

Sociedade