ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Casa da Cultura de Fene acolle a primeira mostra do ano 2015. “Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia” poderá visitarse ata o día 31 de xaneiro. Está promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través de su Arquivo da Emigración Galega, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración.
A mostra “Luces de Alén Mar” dá conta, a través de distintos paneis, do compromiso solidario dos emigrantes galegos. A exposición subraia a dimensión da efeméride do centetario fundacional das Sociedades Galegas de Instrucción radicadas en América e as súas realizacións escolares nas localidades de procedencia dos emigrantes galegos. Comisariada por Vicente Peña Saavedra, e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez, é unha nova contribución do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, á recuperación e posta en valor da memoria e o legado dos emigrantes.