“Marisol” (Antena 3, 22 h.)

“Marisol” (Antena 3, 22 h.)

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Postos a falar de nenos prodixio, o meu favorito entre os do cine español sempre foi Jorge Sanz, a quen, visto o seu desenvolvemento físico posterior e o que tivo Arnold Schwarzenegger, custa imaxinar que pasar por ser a versión infantil de “Conan o Bárbaro” naquel festival de sangue e desmembramentos. Poucos son os que comparten a miña opinión, pero hai outros repelentes infantís condenados ao ost

Así as cousas, se hai un pequeno prodixio incontestable da cultura pop española, ese segue sendo Marisol. A ela lle dedica esta noite Antena 3, que estrea un “biopic” co seu nome e a continuación emite a reportaxe “¿Por qué Pepa Flores mató a Marisol?”. A historia contan dende a súa infantil chamada á ludopatía xeneralizada, “tom-tom-tómbola”, ata o desnudo adulto da portada do Intervíu e a reclusión e afastamento completo da vida social, que ven a demostrar que a fama e a popularidade, cando eres cativiño, non se busca por propia vontade. O primeiro capítulo desta miniserie de “luz y de colooooor” emítese ás dez da noite en Antena 3.

Sociedade