“Matalobos” (TVG, 22.20 h.)

“Matalobos” (TVG, 22.20 h.)

29 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Agora que andamos metidos no debate de se o idioma galego serve para cantar as corenta en bastos na partida de tute no bar, pero non para examinarse como médico do Sergas; ou que discutimos se está ben para facer a poxa na lonxa pero non tanto para aprender as matemáticas na escola, a Televisión de Galicia vén de facer unha constatación preocupante: o galego serve para o mundo do crime. Remata esta noite “Matalobos”, un thriller policiaco-sentim

Será a forza que ten o idioma galego para o xuramento, pero os matóns dos narcos que ao principio daban algo de risa nesta historia de clans familiares enleados no negocio da droga, agora intimidan dende o outro lado da pantalla. Recapitulemos: baixo ese faro patrimonio da humanidade, nunha cidade que na ficción chaman Sardiñeira, opera a familia Matalobos, un matriarcado narcotraficante que agora rexe o fillo maior, Marcelo, cuxo irmán resultou ser unha ovella branca que combate á súa propia familia dende a unidade antidroga da Garda Civil. Hai conflitos cainitas, por descontado, pero tamén olladas ao caleidoscópico mundo do crime que pasan pola política, o mundo xudicial ou o menudeo que pouco ten que ver co tráfico a gran escala.

Hai en “Matalobos”, ao final, unha serie que o tiña todo para esnafrarse, que podía semellar un refrito de cousas xa vistas en produtos americanos feitos con mil veces máis orzamento, pero que ao final foi quen de construír unha personalidade propia. Hai en “Matalobos” gañas de saber dunha vez o que pasa entre Marcelo e os colombianos no capítulo final que se emite ás dez e vinte na TVG.

Sociedade