“Memoria dos oficios” e “Memoria de Muller”, finalistas no concurso autonómico “Maiores con Iniciativa Galicia 2009”

“Memoria dos oficios” e “Memoria de Muller”, finalistas no concurso autonómico “Maiores con Iniciativa Galicia 2009”

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Os documentais Memoria dos oficios e Memoria de Muller, unha iniciativa do Centro de Dinamización da Sociedade da Información (CDSI) de Boiro, acaban de ser seleccionadas como finalistas no concurso autonómico Maiores con Iniciativa Galicia 2009. Un certame convocado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Búscase o recoñecemento, estimulación e difusión da labor e o esforzo dos que contribúen a fome

Os premios destínanse ás iniciativas tecnolóxicas máis singulares levadas a cabo por organismos públicos e entidades adheridas ao proxecto Maiores con Iniciativa. Liderado pola Fundación para el Desarrollo Infotecnolóxico de Empresas y Sociedad (Fundetec) que xurde para achegar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ás persoas maiores para que desempeñen un papel activo na sociedade da información. 

O xurado dos premios  seleccionou as seguintes dez candidaturas,  que optarán aos tres premios do concurso autonómico, e que representarán a Galicia no concurso a nivel nacional:  

Bergantiños: pasado e presente, do Centro de Dinamización de Carballo

Exprésate a través do teu Blog,  do Centro de Dinamización de Sadal 

Memoria dos Oficios,  do Centro de Dinamización de Sada

Memoria de Muller,do Centro de Dinamización de Pontevedra 

Memoria de Muller das aldeas de Boiro, do Centro de Dinamización de Boiro 

Memoria dos Oficios,  do Centro de Dinamización de Boiro

Memoria de Muller,  do Centro de Dinamización de Burela 

Memoria de Muller,do Centro de Dinamización de Ribadeo 

As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminina,de Allariz 

A Rede de Dinamización, con sede no Centro Social de Boiro, iniciou a súa andaina en xaneiro de 2007.Desde entón foi incrementando o número de usuarios que realizan diversas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, como é o caso de Memoria de Muller das aldeas de Boiro e Memoria dos oficios. No primeiro, feito por mulleres maiores de 55 anos de distintas parroquias, as participantes contan nun video un anaco da súa vida de relevancia para ela polo que tiveron que aprender varias ferramentas informáticas. Na montaxe sobre os oficios, cinco persoas elaboraron cadansúa videomontaxe con fotos propias e voz en off sobre o seu propio oficio. 

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, asistirá o martes, día 16 de febreiro, ás 11 da mañá no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago, ao acto de entrega de premios, ao que tamén acudirán usuarios do centro boirense.  

Máis información sobre a Rede de Dinamización boirense nas páxinas www.redededinamizacion.eu e www.memoriademuller.eu.

Cultura