“Moitas casas e poucos servizos” denuncia o presidente da Asociación de Veciños de Chafaris de Narón

“Moitas casas e poucos servizos” denuncia o presidente da Asociación de Veciños de Chafaris de Narón

25 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Demandamos un local novo dentro do mesmo barrio” declarou a Radio Fene o presidente da Asociación de Veciños de Chafaris do Alto do Castaño (Narón), Manuel García. O actual  semella máis un almacén con numerosas carencias que non resulta apto para o desenvolvemento de xuntanzas e a realización de actividades. A asociación veciñal atópase nun barrio, xusto ao pé da nova Casa do Concello nas beiras da Estr

O barrio que comprende rúas como a de Tui, Roxal ou a do Grove, está encaixonado. Separado por un lado pola gran arteria de Narón, a estrada de Castela e doutro lado polo principal vial de toda a comarca a (AP-9). Ademais contan coa rúa de acceso ao apeadoiro de Feve e para rematar, sinala García, coa gran rotonda de Narón que provoca un gran movemento de vehículos. “Sentimos que vivimos nunha ratoneira, moitos edificios novos pero poucos servizos e todo isto a 100 metros do concello”, explicou o presidente da asociación veciñal.

A pesar da súa estratéxica situación e da recente construcción de grandes urbanizacións, o barrio segue parecendo un antigo rueiro. Segundo García “hai rúas sen saída, algunas con escombreiras. Temos a palabra do alcalde que se comprometeu o resolver estas anomalías. Dinnos que xa está o proxecto técnico redactado pero pasa o tempo e todo segue no mesmo estado”.

Construíuse un parque, financiado con fondos do Plan E, que antes de inaugurarse, xa se atopa nun estado lamentable. Tiña que executarse en 3 meses e pasou ano e medio e non se fixo nada ao respecto, indicou García. A isto, engade a existencia de distintas infraestructuras sen rematar e que resultan inútiles. Este é o caso dunha ponte que conecta o barrio co de Santa Icía. Unha ponte angosta que morre na entrada de Santa Icía nun estreitamento co que non ten continuídade.

Os veciños reclaman a mellora dos seus viais en equidade co resto de barrios do concello. “Só pedimos o necesario, nin máis nin menos que o resto de zonas de Narón” afirmou.

Sociedade