“Navegando por internet con Jaime”, un conto sobre as virtudes e ameazas da rede de redes

“Navegando por internet con Jaime”, un conto sobre as virtudes e ameazas da rede de redes

18 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Jaime é un neno ao que lle encanta navegar co seu pequeno Optimist e tamén deslizarse sobre as ondas practicando windsurf. É tanta a súa paixón por navegar que o seu avó comeza a ensinarlle cómo se navega por Internet. Certo día, a mascota do pequeno desaparece e éste recibe unha mensaxe ameazadora por correo electrónico, asinada polo Pirata do Ciberespacio, na que se lle comunica que nunca máis volverá ver á s

A finalidade do libro é achegar de xeito ameno, á vez que riguroso, o mundo de internet aos rapaces e rapazas. Segundo Xesús García Tomás,  a perspectiva coa que se aborda o tema é, en xeral “positiva e optimista”, aínda recoñecendo os perigos e ameazas potenciais que se agochan trala rede de redes.

“Navegando por internet con Jaime” fala de  navegadores, buscadores, correo, chats, foros, direccións e dominios de Internet, do acceso e do ADSL, ademais das populares redes sociais. A maiores, inclúense tamén certos aspectos sobre seguridade e moi especialmente recomendacións para a privacidade.

Polas características do conto, Xesús García Tomás recoñece que pode ser de lectura  recomendada para todo tipo de lectores, a partir dos nove anos. Se ben os destinatarios primeiros son rapaces e rapazas, o autor asegura  que o libro pode servir de axuda aos pais e avós que queiran “seguir os pasos dos fillos” e “coñecer un pouco máis sobre Internet”.

Sociedade