“O bonito foi fundamental para o desenvolvemento de Burela”

“O bonito foi fundamental para o desenvolvemento de Burela”

28 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Arredor do bonito, todo. Perante a inminente celebración da XXXI Feira do Bonito de Burela, que se desenvolve o venres 31 de xullo e o sábado 1 de agosto, o rexedor da localidade convida a todos os visitantes a apreciar “como é o produto e como é o porto de Burela, importantísimo en todo o litoral cantábrico”. O alcalde Alfredo Llano salienta que este pe

O valor único do bonito burelán reside na súa pesca artesanal, que “lle dá unha importancia extraordinaria ao produto”, destaca Alfredo Llano, apostando pola “defensa a ultranza dunha pesca sostible”. Ese fincapé “no produto ben recollido e ben elaborado despois” é no que o alcalde considera que se debe apoiar a candidatura que Burela vai presentar para que a feira promovida pola Sociedade Cultural Ledicia, para alén de ser ben coñecida xa en Galicia e Asturias, reciba a distinción de Festa de Interese Turístico Nacional.

Para o día da degustación do produto na explanada portuaria, o rexedor burelán recomenda ver o traballo dos voluntarios que organiza Ledicia,  “ver todo o movemento, como chega a grella, como cocen, distribúen, preparan...”. E á hora de sentar á mesa a comer o bonito entre as preparacións ofertadas (cocido, en empanada, á grella, tamén sen glute)? Aí Alfredo Llano, se ben explica que “hai receitas que me gustan moitísimo”, confesa a súa debilidade: “A min como máis me gusta é en conserva, o bonito embotado, que tamén o teño feito na casa. Métese en frasco de vidro cun aceite ben bo, hai que deixalo repousar seis ou sete meses e vai ben con todo”. Velaí unha proposta de souvenir para quen se achegue esta fin de semana á XXXI Feira do Bonito de Burela.

Cultura