“O Xantar do Xacobeo”

“O Xantar do Xacobeo”

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Co fin de atraer turistas a Galicia xurde o Salón Galego de gastronomía e Turismo, “Xantar”. Unha feira que abre mañá a súa undécima edición nun ano especialmente relevante para o noso país coa celebración do Xacobeo 2010. Por este motivo os organizadores decidiron substituir, como viña sendo habitual, un país convidado pola promoción da calidade galega. Entre o 3 e o 7 de marzo, “Xantar” congregar&aa

En 8.000 metros cadrados cubertos, recréanse unha vintena de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos. O salón procura a exaltación das materias primas galegas e fomentar a calidade e a prestación de servizos. Participarán 18 restaurantes galegos e doutras comunidades. Haberá unha trintena de menús pero o Restaurante Xacobeo será a estrela do salón con pratos alusivos a cada un dos camiños de Santiago. 

Ademais da promoción da gastronomía, Xantar supón tamén o punto de encontro dos recursos turísticos das comunidades participantes. O visitante coñecerá os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos públicos que acuden a esta cita procedentes de toda España e Portugal.   

Tanto para profesionais como para o público xeral organízanse actividades como conferencias de recoñecidos chefs, presentacións literarias, exposicións de arte, talleres didácticos sobre a elaboración de licores, queixos.  e otros produtos. Ademais realizaranse catas e degustacións de queixos, meles ou viños entroutros. 

Segundo explicou esta mañá en Radiofusión a directora de xestión de Expourense, Emma González, poderase disfrutar de numerosas cartas diarias. Menús da cociña galega, cántabra, asturiana, canaria, extremeña, andaluza e de localidades do norte de Portugal. 

“Xantar” contará tamén cun amplo programa de animación cultural cunha selección do noso folcklore para poñer en valor a cultura galega. O salón convertírase nunha festa para gozar da gastronomía. Expourense abrirá o seu recinto durante estes cinco días de 12 da mañá á una da madrugada. Dispoñen de aparcadoiro, buses nocturnos para achegarse ao salón, servizo de ludoteca os sábados e domingos e menús orientados ás familias cunha reducción de prezo para os nenos/as menores de dez anos. 

Ofrécese tamén un paquete por 75 euros que inclúe hotel de catro estrelas, acceso a Expourense e un xantar e cea no Restaurante Xacobeo. Gastronomía, cultura e moita festa do 3 ao 7 de marzo en Expourense. A cita é das que promete. 

Sociedade