“Operación Malaya” (TVE, 22:15 h.)

“Operación Malaya” (TVE, 22:15 h.)

14 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

É un signo dos tempos que haxa unha tendencia crecente a crer máis na ficción que no xornalismo que, de maneira xeral, é cada vez menos unha profesión de fiar na que importan máis as cabeceiras que os seus profesionais, a sinatura do presidente do consello de administración nos cheques que a do xornalista no artigo ou peza, os intereses económicos dalgún accionista estranxeiro que o respecto ao lector ou televidente. Na pantalla té&ntilde

Televisión Española estrea, á maneira moderna, unha miniserie desas co cadáver aínda quente. “Operación Malaya” é a historia do xuíz Torres, un home descoñecido nun mundo cheo de perigos, na estela de Michael Knight. Para poder conter o vómito, nas historias de corrupción precísase sempre dun home honrado, papel que lle acae a este maxistrado diante do que acabarán desfilando os principais artífices dunha trama que vai podrecendo todo o escenario público marbellí, como se unha flatulencia emitida por Jesús Gil e disimulada na auga do seu jacuzzi fose contaminando engorde todo o ambiente e as institucións da capital mundial dos horteras. A historia desta Cosa Nostra marbellí na que en troques de moda italiana se visten bermudas e “riñoneras” cóntase en dous capítulos. O inaugural emítese ás dez e cuarto da noite en La Primera.

Sociedade