“Os que non se suman á manifestación deste sábado flaco favor lle fan á comarca”, afirman desde a CIG

“Os que non se suman á manifestación deste sábado flaco favor lle fan á comarca”, afirman desde a CIG

25 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Enfocamos a manifestación do sábado para que a diginidade de Ferrol non quede polo chan”, declarou esta mañá o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo Pintos. A CIG apoia a marcha ante a falta de incumprimento do presidente do goberno central, Rodríguez Zapatero, para tramitar e impulsar o levantamento do veto a Astano meste semestre da presidencia europea. É o momento idóneo para reivindicar o desbloqueo de Navantia xa que en xullo remata

“En defensa do emprego. O levantamento do veto xa. Por un sector naval de futuro” será o slogan da pancarta que a Confederación Intersindical Galega sacará á rúa na mobilización deste sábado pola reactivación dos estaleiros ferroláns. Encabezaranna a pancarta da plataforma Rumbo XXI, convocante da marcha, e haberá outra co nome de todas as asociacións, sindicatos, grupos políticos e demais colectivos que apoien a mobilización. “Os que consideran que a marcha é a prol da privatización dos estaleiros son excusas de mal pagador para xustificar a súa ausencia” salientou o representante sindical.

Segundo o voceiro comarcal da CIG, Manuel Grandal, resulta vital a celebración desta marcha pois si non se acada algo agora coa presidencia semestral española quedaríamos fóra do mercado. Si se agarda ao levantamento do veto no 2015 tardaríase cinco anos en reconducir a empresa. De feito, si non se consigue o levantamento, coa lousa limitadora do 25% na construcción naval-militar, a Navantia lle resta ano e medio de vida ante a ausencia de contratos e aínda que os houbese tardaríase 2 anos para entrar en funcionamento, sentenciou Grandal. A solución para o sindicalista pasaría pola contratación dos F-6. Ademais amosou a súa preocupación polo futuro das empresas auxiliares que sufriron esta mesma semana despedimentos no sector do aceiro.

“Os que non se suman á manifestación deste sábado flaco favor lle fan á comarca”, concluiuron desde a CIG.

Sociedade