“Quen puidera namorala” cántase tamén a ritmo de rock

“Quen puidera namorala” cántase tamén a ritmo de rock

30 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Preto 200 páxinas, máis dun cento de fotografías, varios audios coa propia voz do escritor e unha selección de poemas musicados. A través destes materiais, recollidos nun libro e dous discos que saca á rúa a editora Ouvirmos, podemos achegarnos á figura de Álvaro Cunqueiro. O Museo Verbum de Vigo acolle pasado mañá mércores a presentaci

Os textos de Rexina R. Vega mestúranse no traballo co álbum fotográfico de Cunqueiro, onde podemos ver ao escritor na compaña da súa familia e amizades, así como apreciar a curiosa presencia nas imaxes de percebes, ostras ou lampreas. A música xerada pola obra do mindoniense, comentada por César Morán, constitúe a segunda parte do volume. Un total de doce dos seus poemas musicados por Amancio Prada, Luis Emilio Batallán ou Astarot, entre outros, demostran a transcendencia de Cunqueiro na banda sonora dos galegos. Inclúese aquí o famoso “Quen puidera namorala” na súa versión máis coñecida, pero tamén unha interpretación rockeira do poema. O editor do proxecto, Xosé Manuel Aldea, destacou en Radiofusiòn como os músicos novos continúan a atopar inspiracións nos versos clásicos da literatura galega.

A Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro é o cuarto exemplar que publica Ouvirmos con este formato. Previamente a editora achegouse ás figuras de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Avilés de Taramancos.

Sociedade