“Repor: Erasmus Paradiso” (TVE, 01 h.)

“Repor: Erasmus Paradiso” (TVE, 01 h.)

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A universidade, como gran institución académica, é algo máis que un centro de estudos. É tamén unha experiencia que vai máis aló das aulas e que debe servir para aprender leccións do catedrático e tamén diso que chaman “escola da vida”. Os estudos universitarios son, para moitos, a primeira oportunidade de emanciparse e saír fóra da casa para ver mundo e co

Erasmo de Rotterdam era un home sabio, reconcentrado, un humanista con facilidade para o aforismo. Contan que a el lle debemos frase como “no país dos cegos o vesgo é o rei” ou a de que “a herba sempre parece máis verde no pasto do veciño”. E si, as universidades europeas parecen un destino idílico para marchar a estudar, pero as famosas bolsas Erasmus non garanten precisamente unhas vacacións pagadas.

Os reporteiros contarán a precariedade para manterse de moitos estudantes aos que uns poucos centos de euros que non sempre cobran a tempo non lles abondan para pagar o aloxamento, os apuntamentos fotocopiados e as necesarias copas nocturnas para a socialización. Este último aspecto non é un problema para os que veñen de fóra a estudar a España, paraíso do alcol barato que xa motivou que un cantautor como Francisco Nixon escribise o himno “Erasmus borrachas”. Intercambios estudantís e as súas circunstancias son o obxecto de estudo de “Erasmus Paradiso”, a peza que TVE emite en “Repor” á unha desta madrugada.

Cultura