“Rocky” (TVG, 22 h.)

“Rocky” (TVG, 22 h.)

14 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Así como o Duque de Rivas escribira “Don Álvaro o la fuerza del sino”, á cinta fundacional da carreira en Hollywood de Sylvester Stallone acaeríalle ben un título tal que “Rocky ou o triunfo da vontade”, se non fose que esas palabras xa foran collidas por Leni Riefenstahl para un filme documental sobre o ascenso do réxime nazi. Mais a de Balboa é verdadeiramente unha historia de superación (a trompadas, si, mais trompadas de sup

John G. Avildsen gañou os Oscar á mellor dirección, película e montaxe en 1976 con esta historia adaptada dun guión do home máis musculoso do momento, quen se debuxou como un matón de moita bola no bíceps e pouca no cerebro, a quen se lle presenta a oportunidade de cumprir o soño americano partíndose a cara co campión do mundo dos pesos pesados de boxeo. Cos miolos xa bastante estragados antes de que lle zouparan, Balboa supera todas as súas limitacións antes de deixarse a saúde fronte a Apollo Creed. Polo medio do crescendo de épica, vánselle caendo dos petos unha manchea de momentos icónicos do cine, entre eles o adestramento entre cadáveres de años pendurados nun almacén de produtos cárnicos; as sesións de adestramento culminadas co ascenso pola grande escalinata de Filadelfia; a banda sonora co “Ollo do tigre” de Survivor que aínda fai, 30 anos despois, que a xente dea puñadas ao aire nas discotecas; e o berro desencaixado de “Adriaaaaaaan!” na victoria final.

A cousa funcionou tan ben que tería cinco secuelas nas tres décadas seguintes, mais ningunha con tantos momentos para o revival como os que viviremos os que sentemos a ver “Rocky” esta noite ás dez na Galega.

Sociedade