“Rodando, un percorrido pola historia do cine” chega a Fene

“Rodando, un percorrido pola historia do cine” chega a Fene

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nesta mostra, organizada pola Deputación da Coruña, faise un percorrido pola historia da séptima arte, cun apartado específico adicado ás produccións galegas. A exposición inaugúrase o venres na Casa da Cultura.

“Rodando, un percorrido pola historia do cine” inclúe oito paneis retroiluminados e de grande formato nos que se amosan os fitos máis importantes da historia do cine. Tamén se recollen elementos complementarios, moitos deles réplicas e obxectos de películas como un cinematógrafo, unha claqueta, un guerreiro de “Star Wars” ou o casco dun soldado dun filme bélico.

Un dos grandes atractivos desta mostra itinerante é unha mesa multifunción, que incorpora tecnoloxía de última xeración e que vai permitir a interactividade dos visitantes. Neste apartado, os espectadores poderán desfrutar de dúas proxeccións simultáneas de obras do cine clásico.

Sociedade