“Rodribico”, un libro de contos para aprender a imaxinar

“Rodribico”, un libro de contos para aprender a imaxinar

04 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os contos que o xornalista Manuel Guisande lle relataba ás súas fillas serviron de punto de partida para creación de Rodribico, unha obra destinada aos máis pequenos da casa, de entre tres e seis anos, que busca ensinarlles a imaxinar. Non obstante, tamén conta cunha función didáctica que traslada ao público infantil valores

Rodribico é un paxariño noble, sinxelo, cos ollos abertos ao mundo, ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar. Segundo Guisande, unha obra especialmente recomendada para pais, para hora dos contos, para que os máis cativos adormezan axiña.

Rodribico aprende a voar, Rodribico e o mar, Rodribico vai ao circo, Rodribico visita a cidade e Rodribico e a noite son os cinco contos que se distribúen a un prezo de 6,68 euros.

Os contos están escritos en galego, pero Manuel Guisande agarda que en breve se traduzan ao castelán e ao inglés. O feito de que o autor estea casado con unha muller da tribo dos Sioux permitiulle entrar en contacto co Departamento de Educación do Estado de Ohio, en Estados Unidos, que está interesado en distribuílos nos centros educativos.

Cultura