“Saúde Mental na Atención Primaria: mellorando os tratamentos e promovendo a saúde mental”

“Saúde Mental na Atención Primaria: mellorando os tratamentos e promovendo a saúde mental”

09 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É o lema do Día Mundial da Saúde Mental que se celebra mañá, 10 de outubro. Segundo a Confederación de Asociacións de Persoas con Enfermidade Mental e Familiares (FEAFES), no noso país alomenos un 15 por cento da poboación padecerá un trastorno mental ao longo da súa vida e un 3 por cento dos adultos sofrirá algún trastorno grave que dificultará intensamente a súa vida en aspectos básicos como as

Para o presidente de Afaes Porta Nova de Narón, “é necesario reforzar o papel da atención sanitaria aos enfermos mentais, mellorar a formación dos profesionais e achegar máis recursos ao sistema para acadar unha perfecta coordenación entre os distintos estamentos sanitarios e os usuarios”. Nunha entrevista en Radiofusión, Félix Pena asegurou esta mañá que “a reforma psiquiátrica que se fixo hai pouco quedou no papel e non se puxeron os recursos que serían necesarios para que fora efectiva”.

Cunha xornada de portas abertas, a Asociación Afaes Porta Nova -a entidade que agrupa aos familiares e enfermos mentais da comarca- adiantou a esta mañá a conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental. Os actos comezaron coa proxección dun documental realizado pola Confederación Galega para amosar a realidade cotiá dunha persoa con enfermidade mental. Pero ademais houbo teatro, unha función a cargo do grupo da Asociación, unha degustación e concurso culinario entre familiares e usuarios de Afaes e unha pequena exposición de obxectos elaborados nos talleres do centro.

Sociedade