“Se eu monto un equipo como o Perlío voume da categoría”

“Se eu monto un equipo como o Perlío voume da categoría”

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O técnico do San Pablo Miguel Mourente afirmou onte na Tertulia Deportiva de Radiofusión que non lle gusta nada o xogo do Perlío, que xogan ao patadón e que non lle ve moita efectividade. Mourente dixo no programa deportivo que o San Pablo deulle un repaso onte ao Perlío e que o conxunto fenés non utilizou o medio do campo no seu xogo ofensivo.

Pola súa banda o adestrador do Perlío Tito Dopico opinou que o importante é gañar partidos e que non poden adestrar como querían xa que no campo de As Pericas non é posible entrenar moito fútbol. O técnico fenés recoñeceu en Radiofusión que o encontro de onte na Gándara non foi o seu mellor partido pero tamén destacou a importancia da vítoria.

Deportes