“Supervivientes” (Telecinco, 21.45 h.)

“Supervivientes” (Telecinco, 21.45 h.)

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Como nos gusta ver sufrir aos privilexiados! Sabémolo dende o éxito daquel ‘culebrón’ de nome incomparable, “Los ricos también lloran” e tamén o lembramos cando as portadas de todos os xornais do mundo repiten nunha secuencia de imaxes a cambadela coa que Fidel Castro case se esnafra ou o momento no que un colectivo ecoloxista emporcalla cun pastel ou calquera outra cousa pegañenta ao político reaccionario. No sadismo con concien

Dentro da categoría do ‘famoseo’, poderiamos dicir que “Supervivientes” xoga na Segunda División B, porque os seus participantes aspirarían como moito a unha portada do “Nuevo Vale”, dificilmente a unha do “Diez Minutos” e nin en soños á do “¡Hola!”. Cabe entender que as celebridades de primeira categoría teñen ingresos e popularidade de abondo sen ter que ir a padecer penurias a unha illa tropical.

Así as cousas, a nómina de integrantes desta edición non é particularmente lustrosa e componse da cota precisa de mozos e mozas de bo ver en traxe de baño e bikini, non especialmente coñecidos agás o playboy a tempo completo e xinete a tempo parcial (e pregúntome se non lle estou dando dous nomes á mesma cousa) Álvaro Muñoz Escasi; e, por suposto, tamén están os ‘freaks’ que adoitan ser os favoritos do público como o fora Joselito na edición anterior: desta volta o papel correspóndelle a Cuca García de Vinuesa, tan exquisita que dela diríamos que mexa “pis bendito”, e a ese personaxe inefable chamado Juan El Golosina, gordiño como aquela lambonada de nome Barrilete e ao que o programa presentou cunha descrición que xa o di todo: “profesión: amigo de folclóricas”. Esta noite decídese quen é o primeiro en abandonar o paraíso infernal de “Supervivientes”. Será a partir das dez menos cuarto da noite en Telecinco.

Sociedade