“Toda dama de bó porte que preste moita atención, este bufón da corte os anuncia un notición”

“Toda dama de bó porte que preste moita atención, este bufón da corte os anuncia un notición”

26 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

 Así comeza a obra de teatro “O rei Tiburcio busca noiva”que a compañía Teatro de Ribeira representa mañá domingo no Centro Cívico de Caranza dentro do ciclo “ Domingos a escena”. Un sainete hilarante con personaxes absurdas, grotescas e provocadoras que cunha linguaxe popular e matices vulgares buscan o sorriso do espectador.

A peza conta as visicitudes dun rei, Don Tiburcio, desesperado por atopar noiva, para o que pide axuda a un dos seus lacaios, Don Baldomero. Éste búscalle tres “ fermosísimas“, refinadas e aristocráticas damas candidatas: Dona Sancha, Dona Urraca e Dona Berenguela e a unha muller do pobo chan de profesión panadeira, Amatista. Todo narrado e amenizado por dous bufóns da corte.

Unha representación moi divertida chea de frases e diálogos picantes e chispeantes como o seguinte: 

¿por qué non ven xa?,que xa estamos desexando
 ¡A buscarlle! … e  dicirlleque a estamos agardando 
xa  que tanto insistides, o direi: ¡está cagando!
Toda miña vida pensando …que os reis non facían caca. 
Pois fai máis que vos hace más que entre vos,Dona Sancha e Dona Urraca.

“O rei Tiburcio busca noiva”, mañá domingo, ás sete da tarde, no Centro Cívico de Caranza. A entrada é de balde.

Cultura