“Vida da aldea” pon de moda o rural

“Vida da aldea” pon de moda o rural

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

"É o momento de considerar de novo o rural". Esta é a proposta á que se nos convida desde o proxecto “Vida da aldea” na aldea de San Clodio de Aguira en outeiro de Rei (Lugo). Unha explotación gandeira de carácter familiar para a produción láctea cuxo obxectivo é satisfacer a maior parte das necesidades alimenticias familiares, sempre con alimentos producidos baixo as normas da agricultura ecolóxica. Unha oferta dirixida ta

“Vida da aldea” pretende poñer de actualidade unha serie de valores asociados á vida nas aldeas como son o amor pola terra, as árbores, os animais e a solidariedade entre as persoas. Ante a situación comprometida actual do sector lácteo, debido ao baixo prezo do leite e aos contínuos aumentos dos custes de produción xorde este proxecto produtivo e educativo baseado na xustiza e na solidariedade. Agora é o momento dun cambio despois de tanto sufrimento, sinalou Xosé Ramón Rodríguez de “Vida da aldea”.

O seu traballo inclúe todo o concerniente ao mundo rural. A crianza de animais (becerros, porcos galiñas ou poñedoras) para o autoconsumo familiar sempre baixo as normas da agricultura ecolóxica. O consumidor ponse en contacto con eles e encárganlles un determinado animal cunhas determinadas características. Alí criánlo sempre dun xeito tradicional e con alimentos sans e naturais. O consumidor poderá seguir en todo momento o proceso de cría, ben sexa con visitas ou dun xeito indirecto mediante fotografías ou videos que lle envían periodicamente. Unha vez acadado o peso convido trasladaríase ao matadoiro, para o sacrificio e posterior despiece e a continuación enviaríase ao domicilio particular. Este proxecto de desenvolvemento rural pretende implicar ao consumidor na produción dos seus alimentos eliminando intermediarios.

Outros dos seus fins baseáse na conservación de árbores e prantan moitas especies. Contan con plantacións de castiñeiros micorrizados para producción de madeira, froitos e cogumelos de gran calidade. Están a facer un parque con moitas especies distintas e con xogos tradicionais que permitirá facer numerosas actividades. Todo usuario de “Vida de Aldea” terá dereito ao libre uso e goce deste complexo natural como recoller froitos, pasear ou quedarse a comer en plena natureza.

Axudan á xente que non teña coñecementos á hora de coidar o horto, así como para a evolución cara a unha agricultura máis sostible e respetuosa co medio. Así mesmo organízanse outra serie de actividades como a elaboración de pan, queixos, sesións micolóxicas, recolección de froitos do monte, ou mesmo xuntanzas para contemplar árbores ao atardecer.   

Sociedade