“Zënzar, ao Vivo – Cerceda 09”, último traballo dos decanos do rock galego

“Zënzar, ao Vivo – Cerceda 09”, último traballo dos decanos do rock galego

16 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A banda máis lonxeva do rock galego Zënzar presenta esta tarde en A Taberna de Cerceda “Zënzar, ao Vivo – Cerceda 09”, DVD grabado en directo en Cerceda. O acto será ás 19:00 horas e, tras a rolda de prensa, ofrecerán un pequeno concerto en acústico ás 22.00 horas con entrada de balde.
 

A banda continuará coa presentación deste último traballo o sábado 23 de decembro, a partir das 22.30 horas no Badulake de Ordes. O prezo da entrada é de 5 € e 10 € a entrada + DVD.
 
Zënzar formouse en Meirama- Cerceda a finais de 1987. Fan un rock contundente e en galego. Da formación inicial quedan Bocina á voz, Tabe ao baixo e Manolo á batería. Completan a formación  Mario Grela, guitarra, e Paco Cerdeira tamén guitarra. Teñen cinco discos oficiais e varias maquetas. No 2009 publicaron “A tribu”, 13 temas rockeiros, estilo Zenzar, con arroutadas punks, heavys e tradicionais. Nela falan das súas raíces nunha aldea que esmorece, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios rockeiros. A banda dsçestaca polo seu contundente directo froito dos seus 20 anos nos escenarios e a profundidade do seu repertorio que completan con algunha versión.

Sociedade