1ª Andaina por Magalofes, no Maio Cultural

1ª Andaina por Magalofes, no Maio Cultural

02 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As entidades sociais de Fene empezan a despregar as celebracións do Dia das Letras Galegas, adicado a Valentín Paz Andrade. Baixo o lema MAIO CULTURAL, a Asociación veciñal de Magalofes propón unha serie de citas ao longo de todo o mes que arrincan este venres 4 de maio coa actuación da Rondalla de Meirás, ás 9 da noite.

O seguinte venres dia 11, actuarán no local veciñal de Magalofes a Rondalla Estrelecer e a Coral do CPS de San Valentín. Nesta ocasión repartiron as actividades ao longo de todo o mes. A proposta do sabado 19 de maio é diferente porque promoven a 1ª Andaina para coñecer a parroquia, algúns dos lugares máis interesantes, segundo o presidente, Manuel Pico.

1ª Andaina por Magalofes

Saírán ás 11 da mañán da pista polideportiva da parroquia para visitar o nacemento do rio Baa, o castro da Fontenova, o nacemento do rio Magalofes e o Castro das Modias. A andaina rematará no local cun xantar de confraternidade (prezo 6 euros) Hai que anotarse antes do dia 17 de maio no local.

Magalofes clausura a celebración das Letras Galegas o dia 26 coa actuación dos Trasnochadores do Eume, ás 9 da noite.

Sociedade