10 de decembro 2011: Ourense- A Coruña (55 minutos)

10 de decembro 2011: Ourense- A Coruña (55 minutos)

23 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As Burgas e a Torre de Hércules ficarán separadas por unha viaxe de tan só 55 minutos de duración a partir do 10 de decembro de 2011. Será esa a xornada na que comece a explotación comercial do AVE en Galicia, que rebaixará nunha hora e 20 minutos o traxecto actual. O ministro de Fomento, José Blanco, revelou a agardada data inaugural do funcionamento do tren de alta velocidade durante unha viaxe de probas entre O Irixo e o

"Hoxe faise un anaco de historia", proclamou José Blanco, comprometendo o seu traballo para que "a historia de Galicia nunca máis volva escribirse dende o esquecemento". O ton solemne do Ministro de Fomento anticipaba a revelación que todas as autoridades e medios de comunicación chamados a realizar a viaxe de probas nun tren laboratorio pola liña do AVE que vai de Ourense á Coruña, pasando por Santiago, agardaban. 

A primeira das liñas operativas da infraestrutura ferroviaria de alta velocidade cubrirá unha distancia de 150 quilómetros e investíronse na súa realización máis de 3.300 millóns de euros. O fito máis salientable do percorrido que está na fase final das obras é o Viaduto sobre o río Ulla, inserido no tramo Silleda-Vedra-Boqueixón. O paso elevado ten unha lonxitude de 630 metros e apóiase sobre nove piares directamente ao terreo, cunha altura máxima de 117 metros e un arco de luz de 169. E o máis alto de todas as liñas de AVE no Estado.

O viaduto foi tamén celebrado polo conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, quen participou na viaxe de probas en representación da Xunta. Tamén repasou o nome de todos os axentes políticos implicados no proxecto, incluíndo aos ministros de Fomento de lexislaturas anteriores, agás, iso si, Magdalena Álvarez. Hernández salientou que a licitación do AVE entre Ourense e A Coruña iniciouse en 2004, cando era Álvarez Cascos o responsable das obras públicas do Estado, obras que "son de todos", resolveu. 

O ministro Blanco pediu "altura de miras" aos representantes políticos congregados no acto para que o que cualificou como "un fito" non se convertese en "algo inmerecidamente pequeno". Destacou que mentres noutros países, como Francia, este tipo de grandes infraestruturas fican adiadas polas circunstancias económicas, o Goberno central apostou polo AVE a Galicia. Reclamou unidade das administracións para lograr que saia adiante, porque a crise pode facer que fique paralizado se non existe unha vontade común.

Institucional