10 de Marzo

10 de Marzo
10 de Marzo, 2020 - 08:52 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas ofrendas florais e dúas manifestacións en Ferrol para conmemorar o 10 de marzo. Os sucesos de Ferrol cumplen 48 anos.

O 10 de marzo é un dia sinalado no calendario de Ferrol. Lémbranse os sucesos de 1972 cando Bazán pelexaba polos seus dereitos e tamén pola liberdade no marco da ditadura de Francisco Franco. A policía disolveu a tiros unha manifestación na avenida das Pías e causou a morte de Amador Rey e Daniel Niebla, ademais de numerosos feridos de bala. Aquel día comezou a transición á democracia, pero tamén aquela xornada demostrou que coa unidade e coa loita pódese lograr unha melloría das condicións laborais e das condicións de vida. Hoxe 10 de marzo conmemorase en Ferrol aquela xornada.

Actos sindicais

É 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. CCOO manifestase en Ferrol baixo o lema «Memoria de loita e traballo», coa que se porá o ramo a varias semanas de traballo sindical que incluíron diversos actos e asembleas en todas as comarcas. Hoxe pola mañá terá lugar a tradicional ofrenda floral perante o monumento a Amador e Daniel (11:30). Pola tarde, ás 19:00, partirá a manifestación desde o mesmo monumento nas Pías.

"Recuperar dereitos para Avanzar", é o lema da CIG, 48 anos despois do asasinato de Amador e Daniel. O sindicato nacionalista ten programado para esta xornada, unha asemblea de delegados ás 10.30h na que se proxectará un video sobre esta data. As 12:30 h. farán a Ofrenda Floral ao pé do monumento do 10 de marzo e ás 20:00 h. sairá a manifestación do local da CIG en Esteiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora