100 quilómetros en 17 horas

100 quilómetros en 17 horas

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

100 quilómetros en pouco máis de 17 horas. Esa é a marca que logrou o médico de Fene Paciano de Dios nunha marcha en Madrid. Celebrouse a pasada fin de semana e cumpreu a súa decimosexta edición.

A marcha partiu o sábado 19 ás 12 da mañá do complexo deportivo Lorenzo Rico de Colmenar Viejo en Madrid. Despois de percorrer distintas localidades da comunidade madrileña, os atletas debían retornar ao punto de partida. A hora tope fixouse nas 12 do mediodia do domingo. Aos que chegaron á meta se lle entrega un diploma onde se fai constar o tempo empregado na marcha. O diploma de Paciano de Dios marca que lle sobraron 6 horas e 22 minutos sobre o tempo total marcado.

Sociedade