10.000 fotografías aéreas da costa galega a disposición dos cidadáns

10.000 fotografías aéreas da costa galega a disposición dos cidadáns

28 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Xunta de Galicia, por primeira vez, vén de poñer a disposición de todos os cidadáns un banco de case 10.000 fotografías actualizadas da costa galega. Estas fotografías aéreas foron empregadas nos estudios dentro do Plan de Ordenación do Litoral, e tanto as imaxes como toda a información pode consultarse na web do Plan de Ordenación do Litoral www.xunta.es/litoral (apartado “descargables&qu

Trátase dun banco de imaxes aéreas en ángulo oblicuo con valor informativo, divulgativo e paisaxístico. Esta colección elaborada a partir de diferentes voos cobren a totalidade da costa galega e poden ser incorporadas en bases de datos xeográficas, ademais de seren visualizadas en programas como Google Earth. As fotos publícanse baixo licenza libre “CreativeCommons3”, que permite calquera uso sempre que se cite ao “Plan de Ordenación do Litoral de Galicia” e á Xunta de Galicia, e que os traballos derivados se compartan coa mesma licenza, pero non autoriza o uso comercial deste material.A iniciativa forma parte do obxectivo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de acadar unha maior protección e posta en valor do territorio. Persegue incrementar o coñecemento do litoral a través da participación cidadá, animando a todos os cidadáns, asociacións e amantes da costa a que incrementen esta base documental coas súas fotografías. Estas achegas deberanse enviar ao enderezo electrónico infopol@xunta.es, indicando a autoría, a data e o emprazamento espacial (coordenadas xeográficas) das mesmas.

Sociedade