100.000 persoas, segundo os convocantes, 50.000 para a Policía Local

100.000 persoas, segundo os convocantes, 50.000 para a Policía Local

18 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

100.000 persoas participaron este mediodia na manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela. Fontes da organización confirmaron esa cifra ao rematar unha protesta que calificaron como histórica. Pola súa banda, a Policía Local santiaguesa calculou en 50.000 os asistentes á marcha.

As 14,20 rematou o primeiro dos actos na Praza da Quintana de Santiago. A esa hora os convocantes convidaron a desaloxar a Praza para repetir o acto de clausura, diante dos numerosos manifestantes que agardaban nas rúas adxacentes.

Sociedade