101 traballos concorren ao Certame Literario “Ramón Martínez López” de Boiro

101 traballos concorren ao Certame Literario “Ramón Martínez López” de Boiro

11 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Biblioteca Municipal do Concello de Boiro informa da convocatoria do IV Certame Literario Ramón Martínez López, convocado pola biblioteca e o Concello de Boiro. Presentáronse 101 traballos ao certame, 78 na modalidade de narrativa e 23 en poesía. O xurado está formado por Isabel Santos, Antonio Piñeiro, Sabela Hermo e Mª Dolores Olveira. O fallo do xurado será a finais de maio.

No Club de lectura da Biblioteca Municipal de Boiro estáse a ler o libro “Novela de ajedrez” de Stefan Zweig. O venres 20 de maio ás 23.00 horas comentarase o libro, facendo una sesión especial do club cunha saída para observación das constelacións celestes. O seguinte libro será “A morte en Venecia” de Thomas Mann. O xoves 2 de xuño ás 19.30 horas  comentarase o libro e proxectarase a película baseada no mesmo dirixida por Luchino Visconti. Con este libro péchase a tempada do club de lectura ata o mes de setembro.

Sociedade