11 comparsas no Entroido de Narón

11 comparsas no Entroido de Narón

17 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Entroido máis madrugador será o de Narón. Mañán sabado desvelarase o atuendo escollido polas comparsas este ano. Enriba do escenario do Pazo da Cultura ata once agrupacións terán 10 minutos cada unha para actuar. As comparsas están citadas ás 5 da tarde na Praza de Galicia. Entre as convidadas estarán Os Xunquiños de Fene. 

O Concello de Ares comeza a festexar o Entroido este domingo, día 19. Ás cinco da tarde sae o desfile de comparsas “As carapuchiñas” e “Parchís”, acompañadas pola Banda de Gaitas Ría de Ares e polo Grupo de Gaitas Aresán, da Porta do Sol en dirección á Praza da Igrexa. No Casino Aresano actuarán ás seis da tarde. A xornada rematará cun pasarrúas das comparsas e os antroidos que queiran sumarse.

Sociedade