110 anos sin Álvaro Cunqueiro

Carlos Aguado achéganos ao lirismo na narrativa do escritor de Mondoñedo
17 de Novembro, 2020 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

Álvaro Cunqueiro ten adicado á súa memoria a Casa Museo na que habitou na da Praza da Catedral de Mondoñedo. Tras o falecemento do seu pai Joaquín, os irmáns, Pepe, Álvaro e Carmen trasladanse desde a vivenda de A Fonte Vella a este edificio, o número 13 da Praza da Catedral, unha casa na que creará algunhas das súas mellores obras (Merlín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956), Las mocedades de Ulises (1960), Escola de menciñeiros…).

ESCOITA O PODCAST:

Vai para 110 anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, o 22 de decembro de 1911. Un escritor do máis polifacético, pois escribiu poesía, narrativa, foi xornalista, escritor de gastronomía ou literatura de viaxes. Coa axuda de Montserrat Mera ou de César Morán, ou a voz do propio Cunqueiro, o xornalista Carlos Aguado, achéganos á maneira de escribir do mindoniense, á identidade galega intrínseca á súa obra que bebe da tradición popular e do humor que lle é propio. Pero sobretodo do realismo alterado e mesmo deformado por Cunqueiro. Ese realismo máxico ao que aluden os estudosos da súa obra. 

 

(Na imaxe, o xornalista Carlos Aguado, á dereita, con Esther Val e Ignacio Vidal en Radio Fene)

Fotografía: Xan Xe Corral

 

Cultura

Publica o teu comentario agora