12 anos de maratón: Fene lendo mulleres

12 anos de maratón: Fene lendo mulleres

08 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ás 9,15 arrincou na biblioteca municipal de Fene o décimo segundo Maratón “Mulleres lendo mulleres” que protagonizan ata as 2 e media da tarde o alumnado dos centros escolares. 250 nenos-as e os seus mestres-as leen aínda moitas páxinas literarias, escritas por mulleres de todo o mundo. A Maratón de Fene naceu hai doce anos con esa intención DAR VOZ ÁS MULLERES. A concelleira Juana Barro abría a Maratón ás 9.30 da

Alumnos e alumnas do Ceip Centieiras de Perlío, abriron as primeiras páxinas dunha xornada na que ata 250 rapaces máis déron voz ás mulleres. Fixérono cun poema de Yolanda castaño cantado por Leilía e por eles. Despois seguíronlle o resto dos centros, máis por primeira vez Aspaneps.

Máis iniciativas neste 8 de Marzo: Concentración da MMM.

O Cantón de Molíns acolle esta tarde a concentración do 8 de marzo convocada pola MMM. No nome da coordenadora comarcal da Marcha, Ánxela Lagoa, explicou en Radio Fene os signos de retorceso que neste ano vivimos as mulleres no camiño pola igualdade. A reforma laboral, a lei do aborto ou os recortes nos SS SS contribuen a ese retroceso, segundo entende a asociación feminista.

Esta tarde a MMM convoca concentracións en moitas localidades, en Ferrol será ás 20.00 h no Cantón de Molíns. O domingo dia 11 sairá unha manifestación en Santiago, ás 12 dende a estación do tren de Compostela e á que se uniron numerosos colectivos feministas, sindicais e sociais.

Sociedade