120 nenos aprenderán inglés cun profesor nativo

120 nenos aprenderán inglés cun profesor nativo

31 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol publicou hoxe na súa páxina web a relación de alumnos admitidos nas clases de inglés oral postas en marchas pola administración local. Esta iniciativa poñíase en marcha o curso pasado cun gran número de alumnos, polo que este ano, inpartiranse de novo as clases.

Un total de 184 nenos e nenas ferrolás se presentaron á convocatoria en xuño e o vindeiro día 15, determinaráse nun sorteo o nome dos participantes e suplentes no curso. A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, explicou que a proposta está dirixida a rapaces de 5º e 6º de primaria, así como de 1º e 2º da ESO. Os alumnos distribuiranse en 12 grupos de 10 nenos que terán clases de 3 horas cada semana de conversación de lingua inglesa dirixidas por un profesor nativo. As clases levaranse a cabo ata xuño do ano que vén no Centro de Emprego da rúa Sagrada Familia, en Catabois.

Sociedade