13 dias cruciais

13 dias cruciais

20 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A remonta do Athletic de Bilbao no último intre ante o Zaragoza, foi a guinda dunha boa xornada para as aspiracións do Deportivo da Coruña de salvar a categoría. Os galegos saen dos postos de descenso e dependen de si mesmos nos dous partidos que restan esta tempada para manterse na Primeira División de fútbol. E lográrono tamén grazas ao trunfo nun ateigado Estadio de Riazor por 2-0 fronte ao Espanyol de Barcelona, nun encontro moi desputado e q

Os visitantes estiveron a piques de anotar en varias ocasións ao inicio do encontro, especialmente cun remate de testa ao trabe da portería do Dépor. A partir de aí os locais repuxéronse e comezaron a atacar, xerando unha gran ocasión de Bruno Gama e mesmo puidendo ter cobrado un penalti por mans do rival que o árbitro non sinalou. No segundo tempo, Silvio salvou un gol cantado dos cataláns na mesma liña de gol mais foi o Deportivo quen anotou tras unha longa sucesión de ataques, cando Bruno Gama disparou con violencia dende a frontal da área un balón axustado ao pau que o porteiro do Espanyol non puido atallar. A partir de aí os coruñeses preocupáronse de defender o resultado buscando sentenciar á contra, algo que puido facer Riki nun man a man co porteiro que estragou. Xa nos intres finais, Nelson Oliveira, que entrou por Riki si acertou a definir con calidade, elevando o balón sobre a saída do porteiro. O tanto foi o 2-0 cero definitivo. Pero non o tanto da tranquilidade, senón o que alporizou á bancada. E é que o dianteiro portugués dirixiuse ao sector dos Riazor Blues, os seareiros radicais e logo ao resto da afección, mandándolles calar, amolado polos asubíos que recibira noutra xogada. Parte do estadio e os seus compañeiros afeáronlle o xesto, que non corrixiu.

Alén da rifa con Nelson, o encontro foi excelente para o Deportivo, que adianta ao Zaragoza. Ten 35 puntos, por 34 dos maños, e sae fóra do descenso. Se gaña os próximos partidos contra Málaga e Real Sociedade, seguirá en Primeira División, ou se vence a próxima xornada e perden o seu perseguidor.

O Celta non xogou esta semana, xa que adiantara o seu partido co Atlético de Madrid, que desputou a final da Copa do Rei. Con todo, os vigueses seguen adestrando de cara aos partidos decisivos que os van enfrontar ao Valladolid fóra da casa e ao Espanyol en Balaídos. Os celestes, penúltimos con 31 puntos, precisan gañar os dous encontros e agardar os erros dos seus rivais.

Deportes