14 comparsas desfilan en Fene o mércores de Cinza

14 comparsas desfilan en Fene o mércores de Cinza

17 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene ten no mércores de Cinza o dia grande do Antroido. A programación comeza ás 6 coa concentración das comparsas. Unha das de Fene, Os Xunquiños de San Valentin, repite por cuarto ano consecutivo. Son a mais numerosa con 42 membros entre pais e fillos. Van de piratas e cantando por ai que o alcalde non ten un can.

Estes son os nomes das comparsas que desfilarán esta tarde no Antroido de Fene:

-    Os Camiñantes de Centieiras

-    Os Mochileiros de Centieiras

-    A Revolta

-    Os Peregrinos Cantores de Centieiras

-    Os Rouliños de Neve

-    Os Colludos

-    Os Jajamelines

-    Os Xunquiños

-    Os Scratchados de Fene

-    Os Parrandolos

-    A Canteira

-    Comparsa da Residencia de Laraxe

-    Comparsa da Residencia Geriatros Ferrol

-    Comparsa Centro Xerontolóxico Euxa-Narón

Un dos membros da Asociacion O Tadetas de Fene resaltaba que o numero de comparsas repuntou este ano. 14 haberá en Fene.

Concentraránse no cruce da Rúa da Xunqueira e a Avenida Marqués de Figueroa. Para a continuación comenzar o desfile ás 18.30 h polas rúas Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais.

Unha vez cheguen á praza do concello, Pichi Varela (locutor de Radio Galega) presentará as actuacións das comparsas e leerá o testamento.

Logo, terá lugar o desfile para os premios ás máscaras individuais e por parellas (previa inscrición no baixo da Casa do Concello, de 18.00 horas ata o comenzo da lectura do testamento).

Para rematar, a iso das 20.30 h/21.00 h, máis ou menos, terá lugar a Queima do entroido, notificaranse os/as gañadores/as dos premios ás máscaras e continuará a festa coa orquestra Os Trovadores.

Sociedade