15 Anos do Servizo 061 en Galicia

15 Anos do Servizo 061 en Galicia

30 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a celebración do XV aniversario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e o XXI Congreso SEMES-Galicia, nun acto que tamén contou coa presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas. Núñez Feijóo mostrou a súa satisfacción polo bo funcionamento do servizo 061 e apuntou que cando se iniciou este servizo ninguén cría que puidera funcionar, p

O titular da Xunta aproveitou tamén para cuantificar a calidade do servizo: 7 millóns de chamadas ao 061 nestes 15 anos; 11 ambulancias medicalizadas e 101 ambulancias asistenciais da rede de transporte; 2,5 millóns de pacientes atendidos, 7.500 a través de helicópteros medicalizados; 4.500 infartos agudos de miocardio e 4.000 paradas cardíacas atendidas;  e 47.000 alumnos en instruídos en 1.800 cursos de formación.

Feijóo afirmou que para a Xunta o paciente é o centro e o propietario do sistema de saúde, e destacou que, malia a complicada situación actual dos servizos públicos por mor da crise económica, estas dificultades deben servir de estímulo para intensificar o traballo e buscar fórmulas innovadoras para afrontar, entre outras cuestións, a construción de centros sanitarios públicos.

Sociedade