150 participantes no torneo de minibasket da Semana Santa de Ferrol

150 participantes no torneo de minibasket da Semana Santa de Ferrol

05 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Corenta e dous equipos, que totalizan máis de 150 mozos e mozas de idades
comprendidas entre os 8 e 11 anos (nacidos entre 1997 e 2000)
disputan, en sesión matinal, este luns e o martes, unha nova edición
do Torneo de Semana Santa de Minibasket 3 x 3 que organiza o
Universitario de Ferrol. O record de inscripción nesta 18ª edición (estaban previstos 32
equipos) fixo que se montara unha cancha máis no Pabellón de Esteiro

Aínda así os dous últimos equipos inscritos quedaron en lista de espera para cubrir algunha baixa de última hora. En total disputaránse 60 encontros de 10 minutos de duración en cada xornada, dispoñendo os competidores entre encontro e encontro de 5 minutos para quecemento, ademais da media hora inicial común paratodos os equipos. O torneo non ten unha finalidade competitiva e o martes os grupos se reaxustarán buscando unha maior igualdade (os que gañaron a maior parte dos encontros xuntos nun grupo, e os que menos gañaron noutro) de maneira que todos os xogadores se divirtanse e se enganchen máis ao baloncesto. A organización do club Universitario de Ferrol, contou, unha edición máis, co patrocinio do Patronato Municipal de Deportes (que regala unha camiseta do 3x3 a todos os participantes) e da Fundación Universitario de Ferrol e a inestimable colaboración da Delegación Ferrolana de Baloncesto. Begano S.A., a través do seu concesionario na comarca, asumiu la intendencia, fundamentalmente as Augas e o Aquarius e tamén de McDonalds que obsequiou cun bo número de McMenús que se sortearán entre os participantes. 

Deportes