150.000 persoas practican baile tradicional en Galicia

150.000 persoas practican baile tradicional en Galicia

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 150.000 persoas practican ou practicaron baile tradicional en Galicia. Son os cálculos do experto Calixto Albán, quen salienta o interese crecente polo folclore que se palpa nas colonias galegas do exterior. “Hai pouco impartín un curso de baile en México para máis de 200 alumnos” indica o bailarín que se queixa da ausencia dun censo e dunha institución oficial en Galicia que regule todo o referido ao folclore.

Calixto Albán impartirá un curso intensivo de baile dirixido a adultos e pequenos o 26 e 27 de novembro na escola de música BellónMaceiras de Perlío (Fene A Coruña). As persoas interesadas  deben aboar unha cota fixada en 20 € para o alumnado da escola e 30€ para os restantes. Albán Laxe, vive con paixón o baile tradicional de Galicia e ensina os seus segredos nas colonias galegas espalladas polo mundo. Escribeu "O saber do pobo", Enciclopedia sobre o traxe, danza e música tradicional de Galicia. Podemos dicir que é unha das maiores e mellores autoridades na materia.

Cultura