16 nadadoras/es afrontan con ilusión a nova andaina do club Arroaz Fene

16 nadadoras/es afrontan con ilusión a nova andaina do club Arroaz Fene

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha representación do Club de Natación Arroaz Fene visitaron onte as instalacións de Radiofusión. O sábado pasado estreáronse en competición oficial, concretamente participaron na primeira xornada da liga galega benxamin que se celebrou na piscina de Batallones en Ferrol. O domingo 29 algúns dos nadadores do club fenés tomarán parte na recollida de tempos que haberá na piscina de A Gándara. Estas probas servirán para

O secretario da entidade Juan Méndez queíxase do pouco tempo que teñen, unha sesión diaria de 45 minutos na piscina de Centieiras de Perlío. O certo é que son 16 nadadores frente a un total de máis de 400 que están inscritos, actualmente, en todas as escolas deportivas municipais de natación. Pouco a pouco o club vai medrando aínda que todavía é un bebe. Onte visitaron Radiofusión a rapaza de 11 anos Uxía Vázquez, a nadadora de 14 anos Nerea e a nena de 8 anos Naida. Unha ampla representación deste pequeno club que naceu hai dous meses no seno da piscina municipal de Centieiras de Perlío.

Deportes