200 anos de Concepción Arenal

O concello de Ferrol réndelle homenaxe o 31 de xaneiro
20 de Xaneiro, 2020 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol colocará o trinta e un de xaneiro unha placa na casa natal da pensadora Concepción Arenal, coincidindo co 200 aniversario do seu nacemento na cidade.

Son moitas as liñas escritas sobre a vida e obra de dona Concepción Arenal. Alguns os monumentos erguidos no seu nome (na imaxe o de Ferrol, no barrio de Esteiro). Leva o seu nome unha biblioteca universitaria en Santiago de Compostela. As persoas usuarias dese servizo chámanlle en confianza “a Conchi”.

O Concello de Ferrol colocará o trinta e un de xaneiro unha placa na casa natal da pensadora, na rúa Real 177. Ese dia realizaráse unha ofrenda floral ás 12,30 da mañá diante do seu monumento en Esteiro. A xornada culminará cunha conferencia de Anna Caballé, autora do libro Concepción Arenal, la caminante y su sombra.

Rosa Aneiros reivindica o importante papel do periodismo na vida de Arenal, de ningunha forma secundario fronte ás outras disciplinas nas que a letrada traballou. A súa ideoloxía foi profundamente avanzada para o seu tempo. A súa entrada na universidade quedou asentada na memoria popular, por ser das primeiras mulleres que accederon a estudos superiores e porque acudía ás aulas ataviada con roupas varonís.

Concepción Arenal foi nomeada visitadora de prisións da zona de Galicia. Na casa de corrección de mulleres da Coruña coñece á famosa bandoleira galega Pepa a Loba. A integridade da súa ideoloxía, a pegada das ideas liberais do seu pai e a defensa da educación son características de Arenal. Concepción Arenal naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820.

Cultura

Publica o teu comentario agora