200 canarios cantando

O Concurso celébrase en Covas- Ferrol- desde hai trece anos.
09 de Xaneiro, 2020 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

A Unión Ferrolá de Ornitoloxía organiza este fin de semana o XIII Concurso Monográfico de Canarios de Canto “Timbrado Español”. Celébrase na parroquia de Covas os dias 11 e 12 de xaneiro.

Máis de 200 canarios compiten este fin de semana en Covas -Ferrol. A Unión Ferrolá de Ornitoloxía organiza este fin de semana o XIII Concurso Monográfico de Canarios de Canto “Timbrado Español”. Criadores de toda Galicia, ademais de Castela-León e cun incremento de participantes de Asturias, competirán o sabado e domingo, días 11 e 12 de xaneiro, na Asociación de Veciños de Covas, á beira da Igrexa.

O xuíz leonés, Manuel Álvarez Urbón, será o encargado de cualificar o canto dos máis de 200 canarios concursantes. A competición consta dunha proba por equipos con catro canarios- e unha proba individual, nas que son avaliados os floreos, timbres e demais variacións durante 15 minutos. A entrada ao curioso concurso é libre e gratuíta, desenvolvéndose de 9 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora