200 euros por unha crónica

200 euros por unha crónica

18 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha orixinal proposta presenta para esta noite a sala Star de Carral. Convocan o Primeiro Certame de Xornalismo musical Querostar. Só hai que asistir ao concerto que principiará ás dez e media desta noite no local ou seguir a retransmisión por Internet, e escribir unha crónica sobre a a actuación.

O premio para o autor da crónica gañadora será de 200 euros. Esta noite actuarán en directo na sala de Carral os grupos “Agónica” de Redondela e “Freedom Xlave” de Vigo.Durante todo o verán, dez grupos de música previamente seleccionados polos internautas, a organización e o xurado, están a actuar na Sala The Star, en concertos que ademáis se retransmiten en directo e gratuitamente por internet.

Os xornalistas que desexen participar no certame deben enviar a súa crónica a info@querostar.com
Na web do certame, dentro da categoría “Crónicas” iranse publicando os artigos que se reciba. Ao rematar o concurso de música, o dia da gran final, a comezos de outubro, un xurado anunciará cal foi a crónica gañadora dos 200 euros de premio.

Cultura