25 anos de compromiso coa defensa do galego

25 anos de compromiso coa defensa do galego

27 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Fas máis falta que nunca. Afiliáte á Mesa". Baixo este lema a Mesa pola Normalización Lingüística arrinca unha campaña na comarca de Ferrolterra para incrementar a súa base social. No contexto tan crítico polo que atravesa a lingua galega resulta necesario que, a xente que quere o noso idioma, se comprometa e aporte o seu gran de area sumándose a nosa asociación, sinalou esta mañá en Ferrol, o vicepresidente

Desde a Mesa pola Normalización Lingüística, anímase aos veciños e veciñas de Ferrolterra a sumarse á entidade que, o vindeiro ano, cumpre 25 anos. Unha longa traxectoria contrastada en defensa do idioma galego na que acadou grandes éxitos para a nosa lingua en diferentes ámbitos da nosa sociedade. Francisco Rei pon como exemplo empresas como Fenosa ou Telefónica que agora facturan na lingua do país grazas ao esforzo da asociación. 

A mesa é a asociación cultural de Galicia con máis socios, arredor duns 4 mil. Na comarca de Ferrolterra tamén contan cunha porcentaxe importante de afiliados tendo en conta que é unha zona onde a lingua galega ten menos incidencia que noutras, segundo Rei.

“Cómpre a concienciación da sociedade para que nosa lingua teña futuro e cumpra milleiros de primaveras. O galego non pode desaparecer”, sentenciou.

Sociedade